Na 49 con Broadway está un dos Pizzbur de NYC, Sbarro. Non ten a caña fresca dos mariñaos, mais vale ben para o acougo do remate da mañá. Na miña vila e nesta, os camareiros son latinos e teñen os ollos cansos. A guía colombiana dos contrastes de Nova Iorque explícao con retranca galega: “ es el sueño americano”. O sotaque morre na ferida do riso conxelado, e as chonis madrileñas e os seus mozos
↧